Símbolo de Antón Campos
Antón Campos
Freelance Oracle DBA Galego Español English

Backup, restore e recovery

Non se deben amoldar as estratexas de backup aos recursos ou tempo de backup dispoñible, senon que debeser ao revés e tendo en conta os planes de recuperación de desastres. Primeiramente déberase definir os planes de recuperación de desastres e logo as estratexias de backup.

Non debemos considerar ás ferramentas export ou data pump como útiles de backup. Se ben poden permitir unha costosa restauración (restore) ata o momento do backup, non permiten recuperar (recovery) toda a información ata o momento desexado co cal sempre haberá perda de transaccións, é dicir de datos.

RMAN é a ferramenta máis adecuada para o backup de bases de datos Oracle. Caracterízase por ser rápida e segura, asemade de garantir a restauración e recuperación ata a transacción ou instante de segundo desexado.

Antón Campos ten experiencia no plantexamento de diferentes alternativas de backup asociadas a diferentes situacións de recuperación.

  • Restaurar e recuperar parte do sistema sen afectar á dispoñibilidade do resto do sistema.
  • Asesoramento sobre o sistema de almacenamento de backup.
  • Configurar a base de datos para o backup de cara a unha restauración e recuperación con perda cero de datos.
  • Planificación do backup e monitorización do mesmo. Probas de restauración.
  • Solucións para a protección de datos que garantan unha inmediata dispoñibilidade dos datos en caso de desastre como Oracle Data-Guard da versión 10g.
Se desexa coñecer máis detalles, por favor póñase en contacto con Antón Campos indicando a consulta.

CC License Xosé Antón Campos Silva
Rúa Eugenio Carré Aldao 19 baixo
15007 A Coruña
+34 617 453 167
webmaster@antoncampos.com
Valid HTML 4.01 Transitional Valid CSS!