Símbolo de Antón Campos
Antón Campos
Freelance Oracle DBA Galego Español English

Carga e migración de datos

A carga de datos nun Data Warehouse é crítica pola indispoñibilidade dos datos, en caso de retraso no proceso de carga. A indispoñibilidade destes datos pode parar a toma de decisións directivas, comerciais e de marketing que afectan en gran medida á planificación, xestión e control dos procesos do negocio.

Por elo, é preciso contar con experiencia no tratamento masivo de grandes cantidades de datos en contornos nos que a dispoñibilidade en tempo é crítica para o negocio.

Antón Campos conta con experiencia en:
  • Cargas masivas de datos en Data Warehouse.
  • Réplica de datos entre bases de datos heterogéneas.
  • Migración de datos.
  • Estimación de almacenamento.
Se desexa coñecer máis detalles, por favor póñase en contacto con Antón Campos indicando a consulta.

CC License Xosé Antón Campos Silva
Rúa Eugenio Carré Aldao 19 baixo
15007 A Coruña
+34 617 453 167
webmaster@antoncampos.com
Valid HTML 4.01 Transitional Valid CSS!