Símbolo de Antón Campos
Antón Campos
Freelance Oracle DBA Galego Español English

Consultaría Oracle

A Consultaría Oracle é un servizo cada vez máis demandado polos responsábeis de informática e xerentes de empresas. Elo débese á alta especialización requirida para cubrir os servizos e a inevitábel orientación ao negocio que os responsábeis e xerentes deben ter.

Por elo, o informe dun consultor especializado pode avalar á organización e/ou asesorar na toma de decisións en base ao coñecemento, experiencia e independenza do consultor.

No catálogo de servizos de Antón Campos inclúese:
  • Consultaría de requirimentos do negocio.
  • Asesoramento de solucións en alta dispoñibilidade.
  • Recomendacións de dimensionamento e seguridade.
  • Plans de prevención e continxencia ante desastres:
    • Asesoramento de cara a minimizar os riscos de perda de datos.
    • Solucións de disaster recovery.
    • Plans de recuperación do negocio.
  • Validación do modelo de datos.
  • Asesoramento independente para a adquisición de hardware e software.
Se desexa coñecer máis detalles, por favor póñase en contacto con Antón Campos indicando a consulta.

CC License Xosé Antón Campos Silva
Rúa Eugenio Carré Aldao 19 baixo
15007 A Coruña
+34 617 453 167
webmaster@antoncampos.com
Valid HTML 4.01 Transitional Valid CSS!