Símbolo de Antón Campos
Antón Campos
Freelance Oracle DBA Galego Español English

Performance Tuning

Oracle performance tuning

  • Análise de rendemento de instancia e BD.
  • Análise de rendemento de sistema operativo e almacenamento.
  • Análise de rendemento de procesos batch.
  • Control do backup.
  • Parametrización da BD.
  • Identificación e resolución de cuellos de botella.
  • Identificación de procesos pesados.
  • Recomendacións e implantación de novas configuracións para a mellora do rendemento.

SQL performance tuning

Oracle recomenda que no caso de problemas de rendemento o primeiro que debe abodarse é o SQL tuning, antes incluso que o tuning de instancia, BD, ou de sistema. Isto débese a que o redeseño das transaccións ou das queries pode, xa de por si, probocar unha grande mellora no rendemento global. Este pundo é polo tanto, de vital importancia na análise de rendemento global.

Débese ter presente en todo momento que unha BD Oracle é un sistema transaccional. A transacción é a unidade mínima de manipulación de datos. Debemos centrarnos individualmente en cada unha delas para optimizalas, comezando sempre polas máis pesadas e tendo presente a carga transaccional global do sistema (transaccións por minuto requeridas) e os bloqueos de recursos.

Por outra banda están as queries SQL, para as cales debemos considerar a optimización elexida, índices e a propia construcción da query.

Teñamos sempre presente que o motor da base de datos Oracle está optimizado para abordar mellor os datos a través dunha linguaxe declarativa (SQL) que procedimental (PL ou C).

Se desexa coñecer máis detalles, por favor póñase en contacto con Antón Campos indicando a consulta.

CC License Xosé Antón Campos Silva
Rúa Eugenio Carré Aldao 19 baixo
15007 A Coruña
+34 617 453 167
webmaster@antoncampos.com
Valid HTML 4.01 Transitional Valid CSS!